Concello de Sanxenxo - A concellería de educación, cultura e xuventude envía cartas aos mozos e mozas do Concello
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Dentro do programa + Xuventude, máis Concello, Paz Lago, concelleira de educación, cultura e xuventude, enviou o pasado venres cartas a todos os mozos e mozas do municipio con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.

O obxectivo desta carta era, en primeiro lugar, presentarlles o programa + Xuventude, máis Concello. Unha iniciativa que pretende:

 

  • Darlle o protagonismo que a xuventude do municipio merece.
  • Desenvolver accións e actividades específicas para a xuventude.

  • E promover a participación e implicación nas actividades e na formulación de novas ideas, propostas, reivindicacións, etc.

     

Ademais, a través desta iniciativa, preténdese ofrecer espazos para participar activamente, ben como promotores de ideas ou como usuarios, dos servizos e actividades levadas a cabo.

Con esta carta, invítase ao mozos e mozas a estar informados en todo momentos das novas en oferta formativa, cultural e lúdica que desenvolva o concello, dos programas de Xuventude.net da Xunta de Galicia e de accións e información a nivel europeo.

Aqueles rapaces e rapazas que estean interesados en recibir esta información terán que remitir un formulario cuberto que se achega coa carta, ben por correo electrónico, persoalmente ou, se está estudando, na conserxería do seu centro.

Desde a concellería aproveitase a ocasión tamén para ofrecer o asesoramento ou a axuda que precisen na oficina do Pazo Emilia Pardo Bazán co seguinte horario de atención ao público: mañás de 10:00 a 14:00 (luns, martes, xoves e venres) e tardes de 16:00 a 20:00 (luns, mércores e xoves) e no teléfono 986 727 936.

 

0
0
0
s2sdefault