Concello de Sanxenxo - Esta mañá comezou o asfaltado no acceso á praia de Bascuas
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O acceso á praia de Bascuas, debido ó tránsito soportado, á instalación dos servizos urbanos e, maioritariamente, a súa antigüidade, encontrábase nun estado de considerable deterioro, coa capa de rodaxe agretada e con importantes roturas no pavimento.

Por iso, o pasado mes de marzo anunciábase o inicio dunha actuación para mellorar o acceso á zona. E esta mañá o concelleiro, de infraestruturas, Daniel Fernández, estivo alí comprobando o desenvolvemento da mesma.

 

Esta actuación consistiu no desbroce e limpeza de cunetas e marxes, a apertura dunha caixa para o ensanche da plataforma e posterior regularización do firme. Agora para poñer fin a súa execución estase expandindo zahorra artificial e unha capa de rodaxe quente.

 

O presuposto para acometer os aproximadamente 400m de obra foi de 53.100€, financiados con cargo ó Plan Concellos 2017.

 

Para poder levala a cabo foi necesario solicitar autorizacións sectoriais ó Servizo de Urbanismo dependente da CMAOT da Xunta de Galicia, a Augas de Galiza e ó Instituto de Estudos do Territorio.

 

 

0
0
0
s2sdefault