Concello de Sanxenxo - Esta mañá propúxose a persoa adxudicataria da cafetería de Adina
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta mañá, coa apertura do último sobre, propúxose ao adxudicatario do servizo de cafetería, no Centro Cultural Municipal de Adina. Agora ábrese un prazo para que o interesado presente a documentación requirida e se poida formalizar esa adxudicación.

A duración deste contrato será dun ano, coa posibilidade de tres prórrogas, dun ano cada unha. Foron dous os criterios que se valoraron para a adxudicación da cafetería. O primeiro, a memoria da prestación do servizo, cun máximo de 50 puntos. E o segundo, o canon, que non podería ser inferior ao prezo establecido, e que tamén se puntuou cun máximo de 50 puntos. A isto, houbo que engadir os 5 puntos por cada 300€ de incremento sobre o mínimo.

O ano pasado, realizouse unha actuación na Casa de Cultura para poder ampliala e instalar unha cafetería independentemente da sala principal de actividades.

Esta intervención permitiu solucionar un problema que causou numerosas controversias nos últimos anos. Tratouse da habilitación dun recinto anexo ao edificio principal, porque a situación anterior era que no mesmo espazo había unha cafetería e sala de actividades e iso xeraba dificultades para a convivencia. Este novo espazo é unha sala de 78 metros cadrados, con dous puntos de acceso, un dende o exterior e outro desde o interior da propia casa.

 

 

0
0
0
s2sdefault