Concello de Sanxenxo - Sanxenxo recoñece o domingo a labor do club de xubilados de Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Este domingo ás 12.30h. terá lugar o acto de entrega da Raia de Ouro 2018. 

Este ano será agraciado con este distintivo o club de xubilados de Portonovo. Un club que conta con máis de 400 socios e unha traxectoria que cumpre este ano 25 anos.

Este recoñecemento non é tan só polo seu 25 aniversario, se non tamén unha exaltación da labor diaria que realizan, con actividades para todos os gustos.  Informática, pilates, zumba, ensaios de coro, teatro, taller de memoria, baile, bingo y dominó. Fora de estas actividades tamén se reúnen para ver o fútbol, o tenis, charlar, xogar as cartas ou simplemente tomar un café. “Un punto de encontro no que reunirnos e pasar uns ratos agradables contando as nosas historias”, sinala o seu Presidente.

Ademais, todas as semanas organizan “andainas saudables”, coas que percorren desde primeira hora da mañá diferentes puntos do municipio en cada unha delas. Fan excursións e viaxes a diferentes puntos de España nos que coñecen os lugares e desfrutan en boa compañía.

No acto de entrega non só estará o actual presidente, Antonio Cacabelos, se non que tamén participarán algúns dos presidentes anteriores acompañados polas súas familias. Os presidentes anteriores son José Domínguez Martínez, Mario González Pombo, Joaquina Iglesias Alarcón e Manuel Bea Silva.

Para acompañar este acto os asistentes poderán desfrutar na Lonxa diferentes pratos que teñen a Raia como ingrediente principal:

 

 

 

  • Caldeirada de raia ó xeito de Portonovo

  • Raia á prancha con cachelos e ensalada

  • Empanada de raia

  • Salpicón de raia con produtos do mar

  • Pastel de raira

  • Croquetas de raia

Tamén haberá un polbeiro e varias bodegas da zona que ofrecerán aos asistentes o seus propios viños. A cociña estará aberta dende as 12.30h. ata as 15.30h. e das 20.00h. ás 23.00h.

Na carpa estarán instaladas diferentes maquetas de embarcacións de Luis Rodriguez Piñeiro, unha maqueta da vila de Portonovo dos anos 60 de Manuel Bea, e unha exposición fotográfica de Ollares de Portonovo. Amigos da dorna, ademais do obradoiro de nós, tamén organiza unha exposición e unha xuntanza de embarcacións tradicionais.

Todo isto acompañado do Pincho e Raia, unha ruta de pinchos, cun prezo de 2€, que permitirá desfrutar en diferentes locais da vila das propias creacións culinarias nas que a raia, como non podería ser doutra maneira, será a protagonista.

 

0
0
0
s2sdefault