Concello de Sanxenxo - Aberto o prazo de inscrición para o campamento de ESO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Ata o próximo 25 de maio, todos aqueles nenos e nenas de Educación Secundaria Obrigatoria que estean interesados en participar no campamento de verán, poderán inscribirse para solicitar a súa praza.

O campamento desenvolverase do día 23 ao 27 de xullo en Galipark, Padrón.

Galipark é un parque con máis de 24.000m2 nos que os rapaces e rapazas poderán desfrutar dunha experiencia única. Con actividades como paintball, láser tag, tirolinas, kaiak, rafting, pista de xeo, rocódromo, etc.

O prezo do campamento oscilará entre os 140€ e os 150€, dependendo do número de inscritos na actividade. Para máis información ou para formalizar a inscrición poderá solicitarse no Pazo Emilia Pardo Bazán, de luns a venres de 9.00h a 14.00h. ou no teléfono 986.72.79.36.

Ademais da folla de inscrición, que se poderá descargar na Web do concello ou no propio Pazo, haberá que entregar unha fotocopia do DNI, do participante e do representante legar, e unha fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault