Concello de Sanxenxo - O muro do paseo de Silgar será un arcoíris
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Belén Daporta Otero, estudante da Facultade de Belas Artes e veciña de Sanxenxo, fará realidade un proxecto para conmemorar o décimo aniversario das convivencias artísticas.

Hai 10 anos, tiveron lugar no municipio unhas convivencias artísticas nas que participaron xoves estudantes de Belas Artes chegados de toda España. Agora, da man deles e de outrosmozos máis pequenos, “É o momento de que o arte rexurda coas mesmas cores e novos sentimentos, de parte dos novos artistas locais”.

Belén deseñou un proxecto, para realizar en colaboración coa Escola de Arte do Concello de Sanxenxo, que consistirá en pintar o muro do paseo de Silgar en seis cores protagonistas de ditas convivencias (vermello, azul, amarelo, verde, laranxa e violeta).

“Ademais do efecto turístico, para os habitantes do pobo que non so paseamos en verán, cando xa hai unha luz especial e os días son cálidos, senón tamén desfrutamos do largo paseo dos invernos. Así ao pasear por un lugar onde hai cores cálidos, faría destes paseos unha camiñata por un arco iris cheo de reminiscencias e sinestesias co círculo cromático enchendo de harmonía nosos pasos.” Destaca Belén.

Para a execución do proxecto é preciso unha semana de traballo, sempre e cando a climatoloxía acompañe, á artista e ao goberno lles gustaría que estivese terminado antes do mes de xullo. Por iso en canto organícese a actuación, o permitan as condicións meteorolóxicas e horarios dispoñíbeis, comezarán os traballos e crearase o ARCOÍRIS DE SILGAR.

0
0
0
s2sdefault