Concello de Sanxenxo - Un total de 91 persoas participarán mañá nas probas de selección de socorristas e sanitarios
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Mañá venres un total de 91 persoas participarán nas probas para seleccionar aos socorristas e sanitarios que velarán pola seguridade das praias do municipio esta tempada estival.

Será ás 9.30h. cando os aspirantes a socorristas acuáticos realicen as probas físicas na Praia de Silgar. E, ás 11.30h os exames teóricos para socorristas e sanitarios no Pazo Emilia Pardo Bazán.

As persoas que se presenten ao posto de sanitarios terán que facer ás 12.30h unha proba de RCP Básica tamén no Pazo Emilia Pardo Bazán.

A maiores realizaranse unhas entrevistas curriculares para coñecer de forma individual a todos os asistentes.

Recordar que a intención do goberno é contratar 66 efectivos, que vixíen as praias do municipio este verán.

Serán dous os tipos de contrato que se fagan en base a súa duración, de 3 meses ou de 2 meses e 5 días. O ano pasado, o 15 de xuño abríronse 4 praias e a intención do goberno é que a maior parte das praias conten con vixilancia nesta data.

Ademais, tamén existe o compromiso de incrementar en aproximadamente un 8% mensual as prestacións económicas con respecto á convocatoria anterior.

0
0
0
s2sdefault