Concello de Sanxenxo - O programa de educación viaria leva ao IES Vilalonga unha charla sobre “Emocións na educación viaria”
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O programa de educación viaria, coordinado polo Poli Paco, chega ao IES Vilalonga para falar das "Emocións na educación viaria". A charla será mañá venres, ás 10:30h.

En esta ocasión a charla está dirixida ao alumnado dos ciclos Formativos e ten como finalidade a concienciación sobre a seguridade viaria, consumo de sustancias e comportamentos incívicos traballados dende as emocións. Trátase, en definitiva, de que os alumnos valoren a mobilidade segura que propicia a convivencia e a saúde e evita accidentes causados por imprudencias.

E é que, segundo a Dirección Xeral de Tráfico, o 64% dos mozos condutores teñen malos hábitos herdados da observación do comportamento dos pais ao volante.

“Por elo é imprescindible que os mozos e mozas coñezan as causas que poden provocar accidentes de tráfico e os riscos das malas costumes adquiridas como conductores ao mesmo tempo que valoren as posibles consecuencias” declarou Paz Lago, concelleira de Educación e Xuventude.

A charla correrá a cargo de persoas con perfís moi diferentes que ofrecerán diferentes visións baseadas nas súas experiencias persoais e profesionais.

  • Santiago Salomón, bombeiro do Servizo Local de Emerxencias.
  • Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo e presidente da Comisión de Seguridade Vial da Real Federación Española de Ciclismo
  • Toño Bermúdez, piloto local de rally.
  • Toño Otero, piloto local e presidente da Escudaría Congostra Team.
  • Carlos Padín, mecánico de motos e dono do taller de motos Dezaracing.
  • Alejandro Pereira, taxista con máis de 2 millóns de km.
  • Montse Suarez e Pedro Hernández, veciños de Vigo e pais de Carliña, vítima dun sinistro na estrada
  • Sandra Pérez, veciña de Sanxenxo, antiga estudante do IES Vilalonga e vítima dun sinistro viario
0
0
0
s2sdefault