Concello de Sanxenxo - O goberno vai suprimir 27 postes da luz que afean a paisaxe entre as praias de Pragueira e A Lanzada
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Dentro do plan de posta a punto das praias as concellarías de servizos e de medio ambiente van suprimir 27 postes da luz, substituíndoas por condución subterráneas. De feito, xa se eliminaron 5 deles diante do colexio Telleiro de Noalla.

 

Estamos falando de zonas de gran interese paisaxístico, incluídas algunha delas dentro da Red Natura 2000. Os postes que vanse eliminar están diante das praias de A Lanzada , A Lapa, Area Gorda, Foxos, Major e Pragueira. Do número total de postes que serán eliminados, 22 están no lado marítimo, o que afea a paisaxe desas praias e os outros 5 están ao lado da carreteira, que son xusto os primeiros que se eliminaron.

 

No entorno da ermida de A Lanzada e na baixada da praia de Foxos melloráronse as entradas, niveláronse o terreo e botouse xabre cunha moto niveladora/compactadora. Diante da praia de Foxos limpáronse as herbas dos muros que afeaban a zona e dificultaban o paso de peóns. Tamén cortáronse plantas invasoras e canas que impedían a visión da ría.

 

Nesta praia está previsto mover un módulo de socorristas e o módulo de baños para situalos nunha zona máis accesible e de menor impacto visual. Tamén elimináronse sinais metálicas que estaban oxidadas, en moi mal estado e substituíuse e prolongouse a rede de canalización de pluviais para evitar os socavóns no terreo.

 

En relación aos novos módulos sanitarios, xa se instalaron o da praia de Panadeira e vaise proceder ao arranxo e o embelecemento do entorno deste módulo. Outros 6 novos módulos vanse instalar noutras tantas praias, cun coste total de 130.000€ e financiados polo Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

 

Dentro da posta a punto das praias é preciso mencionar que a Concellaría de Infraestruturas está rematando o asfaltado dos accesos ás praias de Foxos e Pragueira cunha inversión que supera os 100.000€.

 

0
0
0
s2sdefault