Concello de Sanxenxo - A policía local de Sanxenxo intensificará a vixilancia a en paseos, praias, parques e outros lugares públicos para asegurar o cumprimento da nova Lei.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado mes de outubro, entrou en vigor a nova lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, e a policía local do municipio intensificará a vixilancia en paseos, praias, parques e outros lugares públicos para garantir o seu cumprimento.

 

Dende a concellaría de medio ambiente, solicitouse á policía local do municipio que intensifique o control de animais con microchip. A ausencia de microchip denota unha tenencia irresponsable das mascotas e favorecen o seu abandono.

 

Durante o ano 2017, atendéronse 195 casos de cans soltos na vía pública, dos cales 102 foron recollidos polo centro de acollida e protección animal dependente da Deputación de Pontevedra. Só os 15 restantes tiñan microchip. A non identificación dos cans co microchip considérase unha infracción grave e a contía da sanción oscila entre os 501€ ata os 5000€.

O concelleiro quere recordar que “todos os can deben acceder aos espazos públicos con correa, e non esquecer que por moi tranquilo que pareza un animal, nunca pódese predicir como vai reaccionar ante un estímulo que lle resulte descoñecido”.

 

Tamén incidirase nos cans de raza considerados potencialmente perigosos, para que teñan a documentación obrigatoria ao día e en regra, así como se atopen nos espazos públicos como correa no extensible, inferior a dous metros e bozo.

 

Outro punto a controlar será a inmediata recollida das feces na vía pública, e de non facelo levará consigo unha sanción que vai dende os 100€ ata os 500€.

 

Por outra parte, dende a concellaría anímase a xente que desexe ter unha mascota a optar pola adopción e pídese que os veciños sexan responsables no coidado das mesmas.

 

0
0
0
s2sdefault