Concello de Sanxenxo - O acceso peonil o Outeiro por fin será unha realidade
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Un total de 360m2  foron cedidos por 6 veciños do Outeiro para poder abrir o acceso peonil que levan máis de 5 anos reclamando.

 

 

Ata o momento os veciños de Dorrón víanse obrigados a dar un rodeo de máis de 500m, e subir unha rampla con unha pendente considerable para acceder desde el núcleo de O Outeiro á estrada provincial. E é que coas obras de mellora deste vial construíuse un muro de contención que supuxo a supresión de unha senda peonil que era empregada para ir camiñando ao colexio ou á igrexa por exemplo.

 

 

Agora, con estas cesións será posible habilitar un camiño peonil para facilitar este acceso, pero sobre todo para mellorar a seguridade dos usuarios do mesmo, xa que de esta forma non terán que camiñar polo mesmo vial que circulan os coches. Para que sexa unha realidade definitivamente, os técnicos municipais redactarán un proxecto no que figure o presuposto, as necesidades e as características da propia execución da obra.

 

 

0
0
0
s2sdefault