Concello de Sanxenxo - O CONCELLO, O CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS (CFR) DE PONTEVEDRA, AS ANPAS E OS CENTROS EDUCATIVOS DO MUNICIPIO ORGANIZAN UNHAS XORNADAS DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS QUE LEVAN POR TÍTULO “MELLORA DA COMUNICACIÓN CON NOSOS FILLOS E FILLAS: PAUTAS DE DETECCIÓ
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Tras varias reunións ultimáronse os detalles das xornadas de formación destinadas a país e nais do municipio. Así pois, as xornadas comezarán o venres 25 de maio, cunha conferencia introdutoria a cargo do xuíz da Audiencia Provincial de A Coruña, José Antonio Váquez Taín. Será no auditorio Emilia Pardo Bazán ás 20.00 h.

 

 

As xornadas continuarán o venres 1 de xuño á misma hora, esta vez con 3 obradoiros simultáneos divididos en función da idade dos fillos/as. Deste modo:

 

 

  • As familias con nenos/as de idades entre os 3 e 8 anos poderán asistir ao obradoiro impartido por Luis Torres Cardona, subdirector dos centros Biem e Coautor das publicacións de Rocío Ramos-Paúl.

  • A experta en intelixencia emocional e comunicación positiva, Carmen Loureiro, impartirá o obradoiro dirixido a familias con fillos/as de entre 9 e 12 anos.

  • Finalmente volverá estar presente o xuíz Vázquez Taín a cargo do cal estará o obradoiro dirixido a familias con fillos de 13 anos en adiante.

    As xornadas están pensadas para que país e nais dótense de ferramentas que faciliten e melloren a comunicación na familia, axudando na detección e resolución de conflitos que día a día pódense dar no ámbito familiar.

    A temática, horarios e outras cuestións organizativas responden ás necesidades manifestadas polas ANPAs en reunións previas. Dende o Concello queremos dar as grazas ás directivas dos centros educativos e as ANPAs pola súa implicación e o interese mostrado, así como a ilusión coa que acolleron a iniciativa. Tamén queremos agradecer ó CFR que pensara en Sanxenxo como un dos concellos nos que poñer en marcha este proxecto” afirmou Paz Lago, concellala de Educación, Cultura e Xuventude.

    Co fin de facilitar a asistencia das familias, a organización inclúe un servizo de ludoteca para nenos de entre 3 e 12 anos. A inscrición poderá facerse a través dos centros educativos ou das ANPAs e tamén no Pazo Emilia Pardo Bazán. O prazo remata o 16 de maio.

    O CFR de Pontevedra ten como obxectivo e vocación a organización de actividades de formación que impliquen unha mellora da calidade educativa nos centros do seu ámbito territorial, potenciando actividades tales como cursos, proxectos de formación en centros, grupos de traballos, seminarios permanentes, así como outras actuacións encamiñadas á difusión de experiencias e o asesoramento docente.

    Estas xornadas enmárcanse dentro dunha nova liña de actuación de os CFR (institucións dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) que ata o momento encargábase exclusivamente da formación permanente do profesorado de niveis non universitarios.

 

Descargas:
Download this file (programa_anpas.pdf)programa_anpas.pdf[ ]
0
0
0
s2sdefault