Concello de Sanxenxo - Sanxenxo suma máis de 24 km de sendas costeiras e aspira a crear outros 15 km entre as rías de Pontevedra e Arousa.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Os 6 sendeiros que foron recoñecidos co distintivo azul de ADEAC suman 24.350m ao largo da ría de Pontevedra:

 

  • Areas – Punta Festiñanzo                             1.480 m 

  • Sanxenxo – Portonovo                                 8.610 m

  • Canelas – Punta Cabiscastro                     3.450 m

  • Paxariñas – Montalvo                                   1.330 m

  • Montalvo – Major                                           6.450 m

  • Sendero mágico A Lanzada                      3.030 m

 

SUMA                                                                      24.350 m

 

 

O goberno está traballando para poder ampliar os recorridos peonís na costa. Prolongando o paseo que agora finaliza na praia de Panadeira ata Areas, o que implicaría unha senda peonil de 2 km. que comunicaría as praias de Lavapanos, Carabuxeira, Barreiros, Nanín e Areas.

 

 

Nunha segunda etapa prolongaríase outros 3 km de sendeiros de costa dende a Punta Festiñanzo ata a punta de Pampaido, comunicando a praias de Areas coas de Agra e Pampaido.

 

 

Tamén está prevista a comunicación das praias de Caneliñas e Canelas pola punta de Seame. A creación destes tres novos tramos permitiría comunicar por unha senda peonil todo o litoral de Sanxenxo na ría de Pontevedra, dende o límite con Poio ata a praia de A Lanzada que é o límite con O Grove.

 

 

Esta costa ofrece unhas magníficas vistas da ría en lugares tan impresionantes como Punta Festiñanzo, Punta Cabicastro, Punta Montalvo e Punta Faxilda entre outros. Nesta última os días máis despexados parece “que si estiras o brazo podes tocar a isla de Ons”.

 

 

Pero, ademais do litoral na ría de Pontevedra, Sanxenxo tamén conta con 9 km bañados pola ría de Arousa. Onde hai aínda máis posibilidades de incrementar as sendas peonís grazas á súa suave orografía e a que ten menos construción que o litoral da ría de Pontevedra. Dende a punta de A Fianteira ata a enseada de O Bao na Revolta, esta costa reúne uns atractivos moi singulares, con outonos e invernos moi suaves e belas vistas do complexo intermareal O Grove – Umia. Ademais de ser unha zona de avistamento de aves en calquera época do ano, especialmente en inverno.

 

 

As rutas peonís e de sendeirismo non se limitan exclusivamente ao litoral. No interior das 7 parroquias de Sanxenxo hai espazos tan atractivos como a ruta dos carballos en Aldariz de 6 km, que iníciase en Padriñán e conclúe en Bordóns. A ruta de río Fabaiños de 4,7 km dende Portonovo a Noalla e no que se está traballando para conseguir as cesións necesarias que permitan crear un amplo paseo por ese  entorno natural e a ruta dos molinos en Dorrón de 4,5 km que combina o paisaxe verde, molinos rehabilitados e as vistas sobre a ría.

 

 

A posta en valor de todos estes espazos naturais da costa e do interior e a súa posterior promoción mediante a creación de publicacións específicas e outras iniciativas de divulgación é un obxectivo prioritario do goberno dentro da estratexia de posicionar a Sanxenxo como un destino turístico os 12 meses do ano.

 

 

O éxito de nosas praias, que sen dúbida son o noso principal atractivo turístico, deixou en segundo plano outros recursos que ten Sanxenxo como son estes espazos naturais de interior e a costa, dos que se pode desfrutar en calque momento do ano. Hai poucas experiencias máis satisfactorias que pasear polas praias de Major e Pragueira durante o outono e o inverno, ben abrigado, e contemplar a beleza da illa de Ons e máis alá da costa que vai de Bueu a O Morrazo.

 

0
0
0
s2sdefault