Concello de Sanxenxo - Charla de fibromialxia e hixiene postural
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Seguindo co ciclo de Muller e Saúde, iniciado no mes de Marzo, dende o Centro de Información á Muller do Concello de Sanxenxo, e coincidindo con que o día 28 de maio é o Día Internacional pola acción da saúde das mulleres e o día 12 de maio é o día internacional da fibromialxia, organizáronse dúas charlas.

 

 

A primeira delas será o mércores 16 de maio, ás 17.30h.  na casa de cultura de Adina. Esta charla será sobre fibromialxia e estará impartida por profesionais da fisioterapia (Yudit Martínez Castro e Lara Mejuto Lima) e a nutrición especializada (Lorena Afonso Martínez).

 

 

O obxectivo da mesma é explicar que é a fibromialxia, así como os seus efectos na saúde das mulleres e como podemos abordala e mellorar a calidade de vida, dende o mundo da fisioterapia e a alimentación.

 

 

A charla é gratuíta e a entrada é libre ata completar o aforo da sala.

 

 

O día 28 será a charla de hixiene postural na sede das Mulleres Rurais en Vilalonga, impartida por Ana Latorre, fisioterapeuta en Vithas Saúde.

 

 

Entendendo por hixiene postural as normas para manter a postura e realizar movementos e esforzos minimizando a carga da columna vertebral, e a ergonomía como unha aplicación de corrección de dita consulta, organizouse esta charla na que se tratarán todas esas cuestións. 

 

0
0
0
s2sdefault