Concello de Sanxenxo - Hoxe iníciase o derribo do cuartel de Noalla
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado mes de outubro o propietario do edificio que albergaba no seu momento o Cuartel de Noalla, estivo no departamento de urbanismo, para comunicar a súa intención de executar dito derribo.

 

Días antes, a concellería de urbanismo, enviáralle un requirimento para a execución da demolición, advertíndolles que, de maneira subsidiaria, de non levalo a cabo, sería o Concello quen acometería eses traballos con cargo ao propietario.

 

O goberno xa dispoñía de dous presupostos, que ascenden ás cantidades de 17.300 e 20.400€ para o derribo. O primeiro non inclúe a retirada da pedra da parcela unha vez demolido o edificio mentres que o segundo si.

 

Case doce anos despois de que o Concello de Sanxenxo iniciase o expediente para demoler o antigo cuartel da Garda Civil, esta semana farase efectivo.

 

Foi en verán de 2016, cando o goberno local tivo constancia de que o Cuartel non estaba incluído no inventario autonómico e iniciou os trámites para proceder ao derribo do inmoble.

 

Pero, unha das razóns polas que o cuartel non foi derruído ata a data ten que ver coa solicitude por parte do propietario do inmoble á Consellería de Cultura, para que esta administración iniciase o proceso pertinente para catalogar as ruínas como Ben de Interese Cultural (BIC). Pero a Xunta de Galiza descartou esta posibilidade.

 

Hoxe realizáronse os traballos previos ao derribo e ao longo de esta semana executarase o mesmo.

 

0
0
0
s2sdefault