Concello de Sanxenxo - O xoves a celebración do Día das Letras Galegas será en Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Este ano, o 17 de maio, para o Concello de Sanxenxo é un día máis especial, se cabe. É por iso, que durante todo este mes estase desenvolvendo unha programación onde destacan: cultura, tradición e música galega. #SanxenxoFala

 

Sanxenxo Fala é un proxecto que pretende facer visible todos os programas e actividades, tanto organizadas polo Concello, como por diferentes asociacións, que teñen como protagonista o galego.

 

Este ano as Letras Galegas están dedicadas a Mª Victoria Moreno, que foi profesora no IES Vilalonga. Esta escritora infantil e xuvenil non pasou desapercibida entre o alumnado do IES.

 

Por todo isto, o próximo 17 de maio, o lugar elixido para a celebración do acto de homenaxe a Mª Victoria Moreno é a Praza Pública de Vilalonga, ás 12.00h. En el participará a compañía de teatro Bandullo Azul, coa representación da obra “Mar Adiante” e teremos actuacións de Os Cruceiros de Vilalonga, Airiños da Lanzada, Soalleira de Dorrón, Abiñadoira de Sanxenxo, Retesías, Os Gatiños e Lembranzas de Portonovo.

 

Haberá unha entrega de premios do Concurso Picariños, organizado polo CCD Sanxenxo e varios exalumnos da autora falarán de ela, para que poidamos coñecer máis sobre a súa vida e obras.

 

0
0
0
s2sdefault