Concello de Sanxenxo - Onte entregáronse os diplomas do curso de español
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Onte pola mañá entregáronse no Pazo Emilia Pardo Bazán, os diplomas ás asistentes ao curso de aprendizaxe de español para persoas estranxeiras. Un curso posto en marcha a través do plan de voluntariado do municipio.

 

O pasado mes de outubro, unha vez detectada a necesidades destas persoas, dende os servizos sociais municipais articulouse a actividade, contando con Marta Lázaro, unha profesora voluntaria que impartiu clases no Pazo Emilia Pardo Bazán a un grupo de 5 persoas estranxeiras residentes en Sanxenxo.

 

As clases desenvolvéronse dous días á semana, os martes e xoves, con unha hora de duración cada día.

 

Estas sesións tiveron como obxectivo proporcionar ao alumnado as ferramentas básicas do idioma, co obxectivo de facilitar a súa comunicación diaria.

 

0
0
0
s2sdefault