Concello de Sanxenxo - O Goberno creará 240 novas prazas de aparcamento na vila de Sanxenxo e traballa para ampliar a oferta de pazas en Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O Goberno adquiriu dúas parcelas en Mira flores que suman 1.183 m2 , por un valor de 70.000€. Estas parcelas son colindantes con outras catro que xa eran de titularidade municipal, que suman 4.839m2 (2.383+547+455+1494), pero carecían de bo acceso dende a Rúa Miraflores. A suma das seis parcelas permite construír unha unidade maior de 6.022 m2.

 

Isto vai permitir lograr dous obxectivos, o primeiro crear un novo acceso ao CEIP A Florida dende a rúa Miraflores, tanto para os autobuses do transporte escolar, como para os vehículos privados, mellorando así a seguridade de pais e alumnos e axilizando o tráfico do que ata agora era o único vial de acceso ao Colexio, a Rúa Ricardo Santos, na que se xeran atascos diarios.

 

Un segundo obxectivo é a creación de un novo aparcamento con capacidade para 240 vehículos para os meses de verán. Segundo os técnicos, precísanse 25m2 por vehículo, entre o espazo que ocupa cada coche a parte proporcional dos carrís de acceso e saída do aparcamento.

 

O ano pasado o goberno xa creou 208 novas prazas de aparcamento na vila de Sanxenxo coa posta en marcha do Parking da Praza do Mar. Coa parcela de Miraflores aumentan ata 448 novas prazas de aparcamento nesta vila. Sen contar a aplicación da zona azul que permitiu unha maior rotación das prazas dispoñibles. Medida que foi moi ben valorada por veciños e comerciantes que pediron a súa aplicación en novas calles.

 

O goberno tamén está traballando na reordenación dos espazos dispoñibles de aparcamento en Portonovo. Por exemplo, con un mellor aproveitamento do Parking da Rúa da Perla e de outras zonas. Así como a posibilidade de chegar a acordos con propietarios que dispoñen de chan no entorno da vila. O ano pasado o Concello xa firmou un convenio con Portos de Galicia, o que se transformou nun mellor aproveitamento da zona portuaria. O goberno quere que todas estas medidas estean operativas en xullo, cando se incrementa o número de visitantes, e por tanto, a demanda de aparcamento.

 

0
0
0
s2sdefault