Concello de Sanxenxo - A exposición “Sorrisos transformadores”, chega ao Pazo Emilia Pardo Bazán
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O evento, que inclúe unha charla, pretende promover a visibilización del colectivo trans.

O Pazo Emilia Pardo Bazán, acollerá a partir do luns, a apertura dunha exposición fotográfica de Noemí Chantada sobre o colectivo trans. A apertura desta mostra será ás 10.00h e acto seguido Cristina Palacios, presidenta da asociación de familias de menores trans de Galicia, Arelas, ofrecerá unha charla sobre este colectivo. A exposición poderá visitarse ata o próximo 4 de xuño.

A iniciativa é da Deputación de Pontevedra coa colaboración de Arelas e o Concello de Sanxenxo. Baixo o lema "Respecta, defende, sensibiliza, iguala, vive e deixa vivir" o proxecto busca a visibilización, sensibilización y naturalización do colectivo trans para promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e ao dereito a ser diferentes. En definitiva, esta acción trata de contribuír a prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero.

A exposición fotográfica de visualización positiva comprende imaxes de persoas alegres, orgullosas, que mostran unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dun texto que refire unha frase ou idea sobre a protagonista da imaxe ou sobre o seu entorno. Entre as persoas retratadas se inclúe xente de referencia social, sexa ou non transexual, pero si relacionada coa realidade dos trans pola súa profesión.

A poñente da conferencia, Cristina Palacios, presidenta de Arelas, ademais de afondar sobre o tema trans, aportará a súa experiencia persoal e responderá ás dúbidas e cuestiones que poidan surxir, especialmente por parte do colectivo de pais e nais e tamén o persoal docente.

 

0
0
0
s2sdefault