Concello de Sanxenxo - Patrimonio da luz verde á rehabilitación do Pazo de Quintáns
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado 9 de maio, o Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Pontevedra, emitiu un ditame que informa favorablemente a rehabilitación do Pazo de Quintáns. Este informe se emite de maneira favorable porque que o proxecto propón unha rehabilitación global do Pazo dando cumprimento ás determinacións da Lei de Patrimonio Cultural e do PXOM.

Esta resolución chega despois dunha redacción do provecto, por parte de Mario Crecente e Asociados Consultores, no que se describen todos os traballos que se van a realizar no Pazo e os estudios que sexan necesarios para a execución dos mesmos.

Destacar que dentro do equipo técnico que redactou este proxecto están licenciados en historia, arqueoloxía e enxeñeiros que acreditan experiencia en traballos con bens declarados de interese cultural, debido ás características e singularidades que presentan.

A filosofía principal deste proxecto será actuar nos 8.500m2 de parcela mantendo as estruturas orixinarias do Pazo, no derrubando fachadas nin cubertas, nin modificando ocos nin abrindo outros novos.  En definitiva, non se fará ningún cambio que modifique a súa composición orixinal.

Agora toda a documentación relativa á rehabilitación será remitida ao Ministerio de Fomento para a concesión dunha axuda de 900.000€ que este Ministerio destinará á recuperación e posta en valor do noso patrimonio histórico.  Ademais, o goberno conta con dúas partidas para este fin reservadas nos presupostos municipais de 2017 e 2018, de 140.000€ e 340.341€, respectivamente.

O Pazo de Quintáns, é unha construción espectacular e á vez singular cos excepcionais miradoiros abertos no recinto da horta, o miradoiro na cornixa del xardín barroco ou a galería aberta. Se conservan neste conxunto, o pazo, a capela, as construcións auxiliares e o hórreo; ademais dos espazos verdes: patios, praza frontal, xardín e horta murada, todos eles cunha configuración adquirida desde finais do século XVI, como una posible evolución da torre do Casal de Moldes e no seu caso herdeira da súa relevancia histórica.

O estado actual de conservación do pazo é malo, polo abandono sufrido de forma prolongada, que derivou nun proceso grave de deterioro material e estrutural, producíndose tamén o colapso en algunhas partes da cuberta e forxados do mesmo.

O edificio do pazo consta de dúas edificacións adosadas construídas en distintas épocas, a máis antiga do século XVII, cunha extensión total de 540 m2.  Na súa arquitectura destaca un portalón, unha galería acristalada e unha escaleira entre outros elementos.  

A finca de 9.000 m2 ofrece grandes posibilidades a través dunha recuperación paisaxística que permitirá convertela nun xardín botánico que complemente a actividade cultural propia do museo que albergará o edificio principal.

 

0
0
0
s2sdefault