Concello de Sanxenxo - Despois dos traballos previos, continúa o derribo do Cuartel de Noalla
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Despois dos traballos previos iniciados a pasada semana, esta mañá retomáronse as obras do derribo do Cuartel de Noalla.

Ata o momento xa se retiraran algunhas pedras que estaban na parcela e cortado os carrís de circulación para mellorar a seguridade da execución e evitar accidentes. Hoxe comezaron os traballos na edificación.

Case doce anos despois de que o Concello de Sanxenxo iniciase o expediente para demoler o vello cuartel da Guardia Civil, esta semana quedará concluído o seu derribo.

Foi no verán de 2016, cando o goberno local tivo constancia de que o Cuartel non estaba incluído no inventario autonómico e iniciou os trámites para proceder ao derribo do inmoble.

Pero, unha das razóns polas que o cuartel non foi derruído ata a data ten que ver coa solicitude por parte do propietario do inmoble á Consellaría de Cultura, para que esta administración iniciase o proceso pertinente para catalogar as ruínas como Ben de Interese Cultural (BIC). Pero a Xunta de Galiza descartou esta posibilidade.

O pasado mes de outubro o propietario do edificio que albergaba no seu momento o cuartel de Noalla, estivo no departamento de urbanismo para comunicar a súa intención de executar dito derribo.

 

0
0
0
s2sdefault