Concello de Sanxenxo - As obras de urbanización do Parque Empresarial de Nantes, avanzan a bo ritmo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Alcalde de Sanxenxo e a concelleira de urbanismo, visitaron o parque empresarial para comprobar como van as obras de urbanización que están executando as empresas ás que se lles adxudicou.

No pasado mes de outubro, os técnicos municipais redactaron un informe sobre as obras necesarias para a apertura do parque. Documento que foi a base do acordo cos propietarios e do que se puxo en marcha o reloxo o pasado 22 de febreiro. O goberno cumpriu o seu primeiro compromiso, que era adxudicar as obras antes do 22 de abril e está seguro, tal e como van as obras, que poderán finalizar antes do 22 de agosto, cando conclúe o segundo prazo establecido no acordo. Posteriormente hai un terceiro prazo, de dous meses máis, para a entrega do parque aos propietarios.

As obras iniciáronse fai máis de dúas semanas, coa empresa Espina e Delfín, adxudicataria das melloras na rede de saneamento, pluviais e abastecemento de auga e que, a día de hoxe, xa están executadas nun 75€ do total.

 

Fai máis dunha semana iniciou os traballos a empresa COVSA, adxudicataria das melloras de viais, beirarrúas e senda peonil, cun presuposto que ascende a 71.953€:

 

 

  • Reparación do pavimento de formigón nas rúas.

  • Reparación de las rigolas de formigón.

  • Reparación da estrutura do firme.

  • Reparación de papeleiras.

  • Reposición das tapas de arquetas y rexas de fundición.

  • Reposición de fontes e arranxos en desaugues.

  • Reposición da varanda de madeira que discorre polos espazos libres de uso público, en aqueles tramos que sexa preciso, incluso escavación e cimentación necesarias.

Por outro lado, o goberno está xestionando coa empresa Unión Fenosa a posta a punto de toda a instalación eléctrica dentro do prazo comprometido cos propietarios, que finaliza o próximo 22 de outubro.

En canto á mellora da conexión coa depuradora de Meaño, en concreto a substitución da tubaxe que agora é de 315 mm por unha de 500 mm, os prazos para a súa execución son máis amplos pois non será preciso ata que o nivel de ocupación do parque empresarial sexa alto.

En resumo, o goberno está convencido de que se poderá cumprir os acordos establecidos coa asemblea de propietarios e, por tanto, antes do 22 de outubro o parque estará listo para a súa apertura.

 

0
0
0
s2sdefault