Concello de Sanxenxo - O proxecto de mellora da Praia de Carabuxeira inclúe un paseo marítimo de 360 metros que permitirá recuperar unha parte da fachada marítima ata agora case inaccesible para veciños e visitantes
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O goberno de Sanxenxo xa conta co proxecto definitivo de mellora da praia de Carabuxeira, que está valorado en 1.929.914€, e contempla un prazo de execución das obras de 12 meses.

 

O proxecto é moito máis ambicioso que a simple aportación de area, xa que propón a recuperación dun tramo da costa do que ata agora só poderían desfrutar os propietarios das vivendas que hai encima da praia.

 

Para iso propón a construción dun paseo marítimo de 360 metros de largo e 3 metros de ancho co mobiliario propio dunha infraestrutura deste tipo, varanda, bancos, farois e papeleiras.

 

A execución deste paseo leva consigo a mellora de tódolos accesos que ten a praia, os tres que son públicos e os nove accesos privados que utilizan as vivendas particulares.

 

Para facer realidade este paseo o goberno local está xestionando cos propietarios a cesión do espazo necesario. Despois de todo, son as persoas que máis van poder desfrutar das melloras que supón o proxecto.

 

O proxecto contempla a aportación de 24.500 m3 de area similar á que xa se trouxo para a praia de Silgar e que procedía da desembocadura do río Mondego en Foz, Portugal. De maneira que a praia poida recuperar as condicións que tiña no ano 1975.

 

Ademais, o proxecto incorpora unha solución definitiva para evitar futuras perdidas da area polo efecto das mareas e correntes.

 

Despois dun minucioso estudo da orografía da costa e do comportamento das mareas e oleaxe, o proxecto propón a construción de 2 diques aproveitando a configuración dos baixos rochosos da praia. Trátase da mellor solución que garante a contención da area e á vez supón o menor impacto posible.

 

O proxecto será realizado entre tres administracións. O Concello encargarase da aportación de area e a cesión dos terreos necesarios para facer o paseo marítimo. Portos de Galicia construirá os diques para evitar futuras perdas da area e, por último, a construción do paseo marítimo realizaríaa a Dirección Xeral de Costas a través dun convenio entre o Ministerio de Medio Ambiente e o Concello de Sanxenxo.

 

 

0
0
0
s2sdefault