Concello de Sanxenxo - Charla sobre hixiene postural en Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Seguindo co ciclo de Muller e Saúde, iniciado no mes de Marzo, dende o Centro de Información á Muller do Concello de Sanxenxo, e coincidindo con que o día 28 de maio é o Día Internacional pola acción da saúde das mulleres, organizouse unha charla sobre hixiene postural.

Esta charla será o luns día 28, ás 20.00h., na sede das Mulleres Rurais A Candelaria, en Vilalonga e será impartida por Ana Latorre, fisioterapeuta especializada e directora en Vithas Fisium.

A entrada será libre ata completar o aforo da sala.

Entendendo por hixiene postural, as normas para manter a postura e realizar movementos e esforzos, minimizando a carga da columna vertebral, e a ergonomía como unha aplicación da corrección de dita consulta, organizouse esta charla para explicar este tema e resolver todas as cuestións que os asistentes teñan sobre o mesmo.  Todo co obxectivo de reducir e prever posibles danos cando se realizan actividades da vida diaria.

 

 

0
0
0
s2sdefault