Co fin de executar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona, o próximo 6 de xuño, entre as 15.30h. e as 18.00h., varios lugares da parroquia de Noalla quedaranse sen servizo. Isto provocará interrupcións no subministro da electricidade, en pequenos intervalos de tempo.
Os lugares da parroquia afectados son Lg. Lanzada e Telleiro.
Para calquera aclaración ao respecto, os veciños e veciñas poden contactar cos responsables dos traballos no teléfono 900.333.999.