Concello de Sanxenxo - 8 praias de Sanxenxo contarán con servizo de vixilancia os 3 meses que van do 15 de xuño ao 15 de setembro
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O verán pasado catro praias, Silgar, Baltar, Canelas e Montalvo contaron co servizo de salvamento e socorrismo dende o 15 de xuño. Este ano o goberno quixo facer un maior esforzo presupostario ao contratar á maior partes de socorristas durante un período de tres meses, en lugar de dous meses que viña sendo habitual.

Iso vai permitir que este verán, por primeira vez, 9 praias estean atendidas os 3 meses que van dende o 15 de xuño ao 15 de setembro. Incluso a praia  máis concorrida, que é Silgar, contará co servizo de salvamento dende o próximo 9 de xuño durante a fin de semana.

É intención do goberno que, a partir de agora, cada ano se incremente o número de praias que dispoñan de tódolos seus servizos dende o mes de xuño. O goberno entende que Sanxenxo debe facer todo o que estee na súa man para atraer máis visitantes en xuño e setembro, meses nos que, en comparación con xullo e agosto, cando practicamente se roza o cheo, tamén hai un marxe de crecemento.

O esforzo de mellora e ampliación dos servizos non só abarca as praias, tamén fíxose un esforzo na contratación do resto de persoal como auxiliares de policía e limpeza e xardinería. Recentemente informábamos que este ano o Concello incrementa o persoal de tempada alta coa contratación de 176 persoas, aínda que incluso pode que finalmente terminen sendo máis.

As 9 praias que a partir do 15 de xuño contarán con servizo de vixilancia son:

 

  • Areas

  • Silgar (desde el 9 de xuño)

  • Baltar

  • Canelas

  • Montalvo

  • Major

  • Foxos

  • A Lanzada - O Espiñeiro

Ademais, unha embarcación do servizo tamén estará permanentemente, dende o 15 de xuño, no mar para vixiar todos e cada un dos areais do municipio e atender calquera incidente que suceda.

 

 

BALIZAMENTO

Nos próximos días comezarán os traballos relativos ao balizamento de 16 praias, co fin de preservar as zonas de baño de outras actividades que poidan entrañar perigo para os usuarios.

As 16 praias que se van balizar son as seguintes: Area de Agra, Areas, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas e A Lapa.

Para realizar estos balizamentos nas 16 praias é necesario contar con 213 unidades de mortos de formigón e 220 bolas esférico–cónicas de diferentes cores e tamaños, 8 unidades de canal náutico e 2.370 metros lineais de corcheras.

 

0
0
0
s2sdefault