Concello de Sanxenxo - Paddle surf Sanxenxo Challenge
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O próximo sábado 9 de xuño, Paddle Surf Sanxenxo Club, organiza unha ruta dende a praia de Silgar ata a praia de Canelas.

Ás 10.00h. os responsables de Paddle Surf Challenge II darán unha breve charla sobre a organización da xornada e espérase que a saída se produza ás 10.30h.

A ruta ata a Canelas durará sobre unha hora e media e unha vez alí farase unha breve parada para beber e prepararse para o regreso.

Finalizada esta, os participantes recibirán unha medalla e uns regalos dos colaboradores coa actividade e terán tamén un pequeno pincho que lles axude a repoñer forzas.

En todo momento a actividade estará acompañada polo servizo de Protección Civil de Sanxenxo, para velar pola seguridade dos participantes.

Esta ruta é unha travesía para desfrutar en grupo dunha experiencia que se realiza por segunda vez no noso Concello e espérase que poidamos celebrar unha xornada do máis agradable.

O concelleiro Jesús Sueiro, da “gracias á dedicación e esforzo destes rapaces no seu día a día” e destaca “a importancia de realizar actividades como estas en Sanxenxo que nos permitan aproveitar o potencial que temos no noso municipio”.

 

0
0
0
s2sdefault