Concello de Sanxenxo - O delegado territorial da Xunta comprobou o inicio das obras de mellora da PO-504
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Touris, estivo co alcalde Telmo Martín, e co concelleiro de infraestruturas, Daniel Fernández, no inicio das obras de mellora da PO-504, no enlace deste vial coa autovía do Salnés. Na visita tamén estivo o xefe territorial de infraestruturas e vivenda en Pontevedra, José Luis Díez.

O presuposto da actuación ascende a 48.395€, financiados pola Xunta de Galicia, e permitirá o traslado da caseta turística municipal.

As obras acaban de comezar e teñen como obxectivo mellorar a zona de entrada ao municipio dende a autopista, acondicionando este acceso e tamén unha área onde se instalará unha caseta para información turística dos visitantes desta comarca.

Para isto executarase unha soleira para situar a caseta de información turística; o acondicionamento do sobre ancho con mestura bituminosa en quente para ampliar a plataforma da calzada; a execución dun murete de formigón para delimitar e protexer a zona da casta; a pavimentación do vial antigo en la zona do sobre ancho e a urbanización con baldosa hidráulica. Tamén se levará a cabo o pintado de marcas viais, a instalación dun atenuador de impacto e a acometida para o saneamento e o alumeado da caseta de turismo.

O alcalde pola súa parte, tamén anunciou a próxima instalación dunha marquesiña de autobús para poder ser empregada sobre todo, polos nenos e nenas que esperan o transporte para poder ir cada mañá aos seus centros escolares.


0
0
0
s2sdefault