Concello de Sanxenxo - A comunidade educativa do concello de Sanxenxo valora moi positivamente as xornadas de formación para familias
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Grupo de Traballo sobre Calidade Educativa reúnese para facer balance da primeira acción formativa organizada conxuntamente polo Centro de Formación e Recursos (CFR) DE Pontevedra, o Concello, as ANPAs e os centros educativos. E os resultados foron alentadores cumprindo e incluso superando as expectativas iniciais. Así pois, foron 146 os pais e nais inscritos/as cubríndose, para os talleres, tódalas prazas existentes.

O resultado dos cuestionarios de avaliación cubertos polas familias mostra unha valoración moi positiva cunha media de 4,79 puntos sobre 5. Os aspectos avaliados foron a claridade expositiva dos diferentes poñentes, a capacidade para propiciar a reflexión, as solucións e propostas feitas e o grado de cumprimento coas expectativas que teñan os pais e nais. En canto aos aspectos organizativos tamén valóranse moi positivamente o lugar de realización, o día e horario e a facilidade para poder asistir grazas ao servizo de ludoteca. Por outra parte, nesas valoracións deixase ver necesidade de cambiar a estrutura organizativa das xornadas de maneira que os talleres non sexan simultáneos para poder asistir a todos eles.

“Estas primeiras xornadas deixaron moi bo sabor de boca xa que as familias demandan a súa continuidade no próximo curso, punto no que coincidimos totalmente no Grupo de Calidade”, apuntou Paz Lago, concelleira de Educación. Tanto é así que, na reunión mantida, xa se estivo pensando e valorando a posible temática das futuras xornadas para perfilar ao inicio do próximo curso.

En nome da comunidade educativa quero agradecer ao CFR que elixirá e apostará por Sanxenxo para levar a cabo estas xornadas experimentais xa que é unha nova liña formativa que dende o Centro de Formación se quere emprender e apostamos por manter a colaboración entre institucións para darlle continuidade.”.

O CFR de Pontevedra ten como obxectivo e vocación a organización de actividades de formación que impliquen unha mellora de calidade educativa nos centros do seu ámbito territorial, potenciando actividades tales como cursos, proxectos de formación en centros, grupos de traballo, seminarios permanentes, así como outras actuacións encamiñadas á difusión de experiencias e ao asesoramento docente.

Estas xornadas enmárcanse dentro dunha nova liña de actuación de los CFR (institucións dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) que ata o momento encargábanse exclusivamente da formación permanente do profesorado de niveles non universitarios.

 

0
0
0
s2sdefault