Concello de Sanxenxo - Touriñán e a Ocaband estarán en Sanxenxo para celebrar as festas en honra a San Antonio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O son das bombas anunciará a mañá do día 13 o inicio dos festexos organizados polo Concello de Sanxenxo a través da Concellería de Festas, en honra a San Antonio. Esta celebración inclúe tanto música como actos relixiosos.

A celebración comezará ás 12.00h. cun pasacalles a cargo da Banda de música de Redondela e un concerto desta banda, ás 13.00h. na praza de Pascual Veiga.

Os actos relixiosos comezarán pola tarde, cando os veciños e visitantes de Sanxenxo poderán participar ás 19.00h. na misa solemne en honra a San Antonio, cantada polo coro parroquial San Xinés de Padriñán, trala que se iniciará a tradicional procesión.

E ás 21.00h., a banda de música de Redondela, volverá a actuar na Praza de Pascual Veiga.

Os festexos culminarán coa verbena prevista para as 22.30h. na Praza dos Barcos, que contará cun monólogo de Xosé Antonio Touriñán. Touriñán é un humorista e actor galego, que comezou formando parte do famoso dúo Mucha e Nucha. Actualmente participou no rodaxe da serie Fariña e traballa no programa Land Rober.

Ademais, poderemos desfrutar en primicia da presentación do novo montaxe e espectáculo da orquestra La Ocaband.

 

0
0
0
s2sdefault