Concello de Sanxenxo - A empresa Target é a encargada da organización da feira multisectorial, que este ano ofrecerá unha imaxe e unha estética máis potente
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Despois do proceso concursal e en base á proposta da mesa de contratación o Consejo de Ínsula adxudicou o venres a organización da feira multisectorial á empresa Target S.L.

 

A montaxe da feira desenvolverase ao largo da semana para que poidan abrir o día 15 de xuño como establece o prego de condicións. É o primeiro ano no que a feira vai ter unha duración de tres meses, ata agora viñan sendo dous meses, xullo e agosto.

Instalaranse un total de 80 casetas, tipo jaima de 3 x 3, na Rúa Rafael Picó. Do total, 60 casetas serán simples, 24 delas con esquina, e 10 dobres, das cales 6 serán con esquina. O horario de apertura da feira será de 11.00 a 14.30h. e de 16.30 a 02.00h.

A feira é un punto de encontro entre artesáns, xóvenes creadores e comercios que mostran os seus produtos. O obxectivo é crear un atractivo turístico e unha alternativa lúdica e de entretemento para veciños e visitantes que dinamice a actividade económica de Portonovo.

Este ano o goberno traballou para que a feira dei un salto de calidade importante. Xa non se trata soamente de abrir unha feira, ademais queremos que esta convértase nun referente de calidade e estee á altura do prestixio de Sanxenxo como destino turístico. Para elo, elaborouse un prego de condicións con moita máis tranquilidade, algo que non podemos facer o ano pasado por falta de tempo. Un prego máis exixente, que valorou especialmente as características e a calidade dos materiais das casetas e a imaxe conxunta da feira.

As casetas serán instaladas sobre unhas estruturas modulares para a nivelación do solo e salvar o desnivel entre o paseo e a zona axardinada. Tres persoas velarán polo control e a limpeza da feira, repartindo bolsas de residuos aos expositores e recollendo o material de desfeito para deposítalo nos correspondentes contedores de reciclaxe.

Tamén haberá dous operarios de mantemento realizando reparacións básicas, revisando periodicamente as instalacións da feira. E unha persoa responsable do evento estará localizable en todo momento para solucionar calquera asunto relacionado coa mesma.

Contratarase persoal de vixilancia e protección, tanto do evento en xeral, como do persoal e os establecementos particulares. Ademais dos vendedores e artesáns de anos anteriores a feira contará como novidade este ano con expositores dos cinco continentes.

 

Características das casetas:

 

  • Teñen un sistema de iluminación ambiental exterior, que garante unha maior seguridade durante as noites.

  • Cada stand dispón dun interruptor de luz propia.

  • Iluminación de baixo consumo.

  • Instalación de extintores segundo a normativa vixente de seguridade.

  • A armadura principal da jaima está realizada mediante unha estrutura de aluminio anodizado en cor prata, con canles para a instalación das lonas correspondentes.

  • Tarima de madeira.

  • Os elementos de ensamblaxe, as escuadras e as bases dos perfís, estarán realizados en placóns de metal de aceiro galvanizado.

  • As lonas serán de tela de poliéster vernizado en ambas caras, con reforzo en PVC. Levan un tratamento especial anti-polución, así como contra as néboas e un verniz antipolvo.

  • Os parasoles tamén serán en aluminio anodizado e lona.

  • As jaimas terán un sistema de cerre con persianas metálicas.

 

0
0
0
s2sdefault