Concello de Sanxenxo - Clausura do curso de técnicas de estudo e organización do traballo escolar
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O venres clausurábanse os dous programas desenvoltos ao largo deste curso escolar sobre Técnicas de Estudo e Organización de Traballo Escolar.

Para celebrar o final de curso organizouse unha merenda na que participaron con tódolos asistentes, e tamén tivo lugar unha entrega de diplomas.

Participaron en “Técnicas de Estudo” máis de 35 alumnos distribuídos en tres grupos (dous deles recibiron as clases no seu propio centro educativo), un programa dirixido a alumnos de 5º e 6º de Primaria dende a Concellería de Educación e Cultura, que ten como principal obxectivo o “ensinar a aprender” de maneira eficaz e rendible en tempo e esforzo.

Mentres que en “Organización e Planificación de Traballo Escolar” contáronse con máis de 25 participantes, divididos en dous grupos. Curso dirixido a estudantes de tódolos niveis da ESO, Ciclos Profesionais e Bacharelato co obxectivo de profundar nas Técnicas de Estudos a estes niveis de ensinanza e capacitarlles de ferramentas de aprendizaxe eficaces, insistindo na planificación e o esforzo.

 

 

0
0
0
s2sdefault