Concello de Sanxenxo - A Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático entregou esta mañá un recoñecemento a unha empresa do Municipio.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, estivo esta mañá co alcalde, Telmo Martín e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, na empresa Agroquímicos Carballa para entregarlle o premio SIGFITO.

Este premio é un recoñecemento a súa colaboración desinteresada na recuperación e recollida de envases agrarios en Galicia, grazas ao sistema de recollida SIGFITO.

Durante a entrega do premio, a Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, resaltou “o bo funcionamento do sistema de recollida xestionado por SIGFITO e recoñeceu a súa contribución a incrementar a recuperación deste tipo de envases na comunidade. Así, o ano pasado recolléronse en Galicia preto de 50.000 kg de envases e residuos de envases de produtos fitosanitarios, unha cifra que supón un incremento do 16,3% con respecto ao dato de 2013.”

Esta tendencia ascendente dos últimos cinco anos explícase, como indicou a Directora Xeral, grazas ao compromiso e a colaboración desinteresada por parte de empresas como Agroquímicos Carballa, recoñecida co premio SIGFITO deste ano, tendo en conta que durante 2017 recolleu un total de 2.433kg, practicamente o 15% de tódolos envases agrarios que se recuperaron no conxunto da provincia de Pontevedra.

Así, o sistema de recollida SIGFITO basease na existencia dunha rede de puntos colaboradores por toda Galicia (146 en total) nos que se reciben e recollen os residuos de envases procedentes dos agricultores. A maior parte deles son empresas de distribución e comercialización para o sector agrícola e vitivinícola, que, ao adherirse a este sistema, contribúen a garantir unha correcta xestión dos residuos de produtos fitosanitarios que se empregan en diferentes tipos de cultivo, maioritariamente envases de plástico.

Pola súa parte, o alcalde mostrou o seu compromiso coa recollida deste tipo de envases e informou da organización dunhas charlas para fomentar e potencias o seu correcto reciclaxe. A data destas charlas será anunciada proximamente.

 

0
0
0
s2sdefault