Concello de Sanxenxo - O Concello insta á deputación a rematar as obras da estrada de Dorrón, eliminando os postes que levan 3 anos en medio do vial
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O pasado mes de decembro o Concello entregou á Deputación a última cesión do solo necesaria para poder finalizar as obras da estrada de Dorrón, EP-9213. Esta obra leva tres anos paralizada, dende o inicio da lexislatura con varios postes eléctricos na estrada. Durante os dous primeiros anos a Deputación alegou que faltaba a cesión do solo, que agora xa ten dende hai 7 meses.

A mellora desta estrada a iniciou o anterior goberno provincial e ten como obxectivo ensanchar a plataforma do vial, dotar á estrada de beirarrúas e canalizar os servizos de telefonía e subministro eléctrico. En xaneiro, segundo a Deputación nos dixo, que para poder rematar as obras e eliminar os postes requírese dun novo proxecto. Pero o certo é que van pasando os meses e nunca acaba de facerse nin o un nin tampouco se retiran os postes.

O goberno de Sanxenxo insta á Deputación a non retrasar máis tempo a finalización de obras, a poñerse na pel dos veciños que utilizan a estrada a diario e teñen que soportar as molestias e os problemas de seguridade que se derivan do estado da estrada. Especialmente se temos en conta que o propio organismo provincial anunciou que os traballos se retomarían con urxencia e sete meses despois as obras seguen paralizadas.

A estrada de Dorrón, ademais de ser un vial que utilizan a diario os veciños é unha estrada, que en momentos puntuais de moito tráfico utilízase como itinerario alternativo para evitar atascos e desconxestionar a PO-308.

 

 

 

 

0
0
0
s2sdefault