Concello de Sanxenxo - “Punto de Encontro” unha exposición do centro de arte municipal no Pazo Emilia Pardo Bazán
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana dende o centro de arte de Sanxenxo montábase unha exposición que poderá ser visitada durante todo o mes de xuño, no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Esta exposición colectiva recibe o nome de “Punto de encontro ´18”, pretende reunir e mostrar os traballos máis destacados do grupo de adultos do Centro. Trátase dunha mostra heteroxénea que reflexa unha diversidade de estilos, enfoques e inquietudes, que resulta do máis enriquecedor, non so para os alumnos, que se nutren mutuamente, se non para o público en xeral, que encontrará nas distintas obras unha fonte de inspiración e reflexión.

Nesta edición participaron:  Lidia Pérez, Chus Tejedor, Manuela Martínez, Rosana Boullosa, Berta Lima, Gely Gonagú, Angélica Conde, Casimiro Torres, Sebastián Silva, Cristina Crego, Begoña Mouriño, Ángeles Nieto, Inés García, Emilia Rodríguez, Kiti Portela, Abel Barandela e Rocío Nieto.

Alumnado e profesorado queren invitar a todos os veciños e visitantes a acercarse ao Pazo Emilia Pardo Bazán a desfrutar desta exposición.

 

 

O CENTRO DE ARTE

 

O Centro de Arte municipal ten como principal obxectivo educar a percepción e estimular a creatividade artística dos alumnos. Conta con dous profesores e unha capacidade máxima de 50 alumnos. Nos últimos anos houbo lista de espera porque a demanda foi superior ás prazas dispoñibles. En canto á parte de alumnos, o ratio soe ser ao redor de 20 asistentes. 

 

O Centro de arte é un centro de educación artística en funcionamento dende hai máis de quince anos. Nel non se pretende formar a futuros artistas, senón a persoas capaces de dar forma e visibilidade o seu modo de sentir e pensar e que encontren no Arte un modo de ver, entender e vivir; promovendo o pensamento creativo e diverxente, así como o xuízo crítico.

 

0
0
0
s2sdefault