Concello de Sanxenxo - XV Campus Polideportivo da concellería de deportes en Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Organismo autónomo Terra de Sanxenxo, oferta por 15º ano consecutivo un Campus Polideportivo para desfrutar do verán realizando actividades deportivas ao aire libre. Esta programación está dividida en:

 

 

  • Actividades no medio rural.

  • Actividades no medio acuático.

  • Actividades na praia.

 

“En esta iniciativa los niños y niñas podrán gozar de nuevas experiencias y conocer nuevas modalidades deportivas de la mano de monitores especialistas en cada una de las actividades”, destaca Suso Sueiro, concelleiro de deportes.

 

Este campus está dirixido a xóvenes dende 1º de educación primaria ata 4º da ESO, e hai un total de 60 prazas dispoñibles, que cubriranse por rigoroso orde de inscrición. Serán tres as quincenas que se poden elixir para participar no campus, de 10.00h. a 13.00h.:

 

 

  • Do 2 ao 13 de xullo.

  • Do 16 ao 30 de xullo.

  • Do 1 ao 14 de agosto.

 

O prezo de actividade é de 30€, con descontos de ata o 100% para familias numerosas especiais e de 50€ para os que acrediten ser familia numerosa. A reserva de praza formalizarase no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Para participar nas diferentes actividades programadas será preciso levar roupa deportiva, roupa de baño, protección solar, auga, gorra, toalla, chanclas e gorro de piscina para natación.

 

 

0
0
0
s2sdefault