Concello de Sanxenxo - O mercadillo de Vilalonga cambiará a súa ubicación a próxima semana.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local decidiu que, a partir da próxima semana, o mercadillo se celebre no entorno da praza pública de Vilalonga.

O Alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de facenda, Marcos Guisasola, estiveron cos vendedores do mercadillo e co fin de atender á súa petición e á da asociación de veciños de Vilalonga, decidiron que o mercadillo pase a celebrarse no entorno da praza.

Isto supón unha mellora na seguridade, tanto dos vendedores como dos compradores, que ata o momento instalábanse no vial de subida a O Revel. Agora non será necesario o corte da circulación do tráfico rodado pola vía cada semana. Ademais, o novo lugar elixido é moito máis céntrico e accesible para os veciños e visitantes da vila.

 

O goberno busca potenciar este mercadillo e dinamizar o centro da vila, activando a zona máis céntrica e o mercadillo local de Vilalonga.

 

Este mercadillo celébrase os martes e na actualidade hai 7 postos. Coa nova ubicación espérase que sexa máis atractivo para os vendedores e este número aumente.

 

0
0
0
s2sdefault