Concello de Sanxenxo - Reunión cos veciños de Vilalonga
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O sábado Telmo Martín, Gonzalo Pita e Paz Lago mantiveron unha reunión cuns 80 veciños de Vilalonga para falar dos problemas de seguridade e os excesivos roubos que se veñen producindo nos últimos meses.

 

No que levamos de ano, segundo os veciños producíronse 15 roubos principalmente en establecementos comerciais. Hai unha persoa perfectamente identificada, que vive na rúa principal de Vilalonga e que foi detida en 7 ocasións no que levamos de ano e posto en liberdade outras tantas.

 

Existe un sentimento de preocupación e de alarma entre os veciños de Vilalonga que non se senten seguros e que incluso teñen medo a denunciar por temor as represalias. Os veciños saben quen é o que está roubando e estase estendendo entre eles o desanimo ao comprobar que pese a ser detido, o autor dos roubos en reiteradas ocasións é rapidamente posto en liberdade.

Como consecuencia deste ambiente e clima social o goberno comprometeuse ás seguintes medidas:

 

  1. Remitir nos próximos días unha carta ao xulgado no que estanse tramitando as denuncias para transmitir o sentimento de preocupación, alarma e medo dos veciños de Vilalonga.

  2. A Policía Local vai reforzar a vixilancia en dous horarios entre as 12 e as 6 da mañá e durante o día coa presenza de dous auxiliares.
  3. O goberno vai estar en contacto constante co posto da Garda Civil que está moi pendente dos roubos que se están producindo, proba de elo son as 7 detencións da mesma persoa no que levamos de ano.

O goberno confía que estas medidas e a acreditada profesionalidade da Garda Civil contribúan a reducir o medo e a preocupación que senten os veciños de Vilalonga. Se non fora así e houbera que tomar outras medidas e facer xestións noutras instancias que ninguén dubide que o faremos. Para este goberno a seguridade é a prioridade número un.

 

0
0
0
s2sdefault