Concello de Sanxenxo - O goberno convoca aos sindicatos para a firma do convenio colectivo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno convocou aos sindicatos para unha reunión o xoves co obxectivo de firmar o convenio colectivo. En novembro, o goberno e os sindicatos chegaron a un acordo sobre un novo convenio colectivo.

Un convenio que levaba dous anos atascado pola negativa da anterior responsable do persoal, de non sentarse a negociar ata que concluíra unha auditoría que, a noso xuízo, non serviu para nada. Hai que remontarse 12 anos atrás para atopar a firma do último convenio laboral, en 2005, na anterior etapa de Telmo Martín como alcalde.

Despois do acordo alcanzado en novembro, o documento estaba pendente de informe xurídico preceptivo do secretario municipal. Nese informe sinaláronse algunhas deficiencias legais que tiveron que ser corrixidas e, loxicamente, tamén consensuadas a súa vez cos sindicatos.

Nas dúas últimas reunións mantidas entre o goberno e os sindicatos, o 31 de maio e o 6 de xuño acordáronse os últimos detalles que se incorporaron ao convenio. Agora o goberno xa dispón do documento definitivo para que poida ser firmado por tódalas partes e, posteriormente, póidase convocar un Pleno para a súa aprobación. 

 

0
0
0
s2sdefault