Concello de Sanxenxo - Sanxenxo expón en Valladolid a súa aposta pola calidade turística
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O teniente alcalde, Gonzalo Gonzalo Pita, presentou onte en Valladolid o destino Sanxenxo, como o municipio de referencia en materia de calidade turística, tanto en Galicia como no noroeste de España.

Esta presentación tivo lugar na Casa das Artes do municipio valisoletano de Laguna de Duero, no marco das “Jornadas de formación sobre calidad turística del sector turístico”, organizadas pola “Asociación Ibérica de Municipios Ribereños del Duero (AIMRD).” Esta asociación é a principal entidade de cooperación hispano-lusa no marco territorial do Duero, integrada por municipios como Zamora, Valladolid, Aranda de Duero, Vila Nova de Gaia o Porto.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto “Promoción y valorización de los recursos turísticos del río Duero”, pertencente á primeira convocatoria Interreg VA, do Programa de Cooperación Transfronteriza entre España e Portugal, POCTEP, financiada con fondos FEDER. (https://www.flumendurius.eu/). 

As xornadas están dirixidas a responsables políticos e técnicos municipais de turismo dos Concellos, Cámaras Municipais, e oficinas de turismo dependentes deles e de calquera outra administración con competencias en turismo na área de cooperación Norte de Portugal- Castela e León.

Despois da exposición da traxectoria de Sanxenxo, os alcalde e técnicos presentes destacaron a fórmula utilizada por Sanxenxo pola súa aposta clara pola colaboración público-privada, que actualmente bate récords cos seus 123 distintivos SICTEC e 41 distintivos Q de Calidade. Sendo por varios anos consecutivos no segundo municipio de España en número de empresas certificadas coa Q, despois de Madrid.

 

0
0
0
s2sdefault