Concello de Sanxenxo - Comunicado do Goberno
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O BNG colle unhas “rabietas” de coidado coas iniciativas do goberno. Non se poden calificar doutra maneira as súas declaracións sobre a feira de Portonovo.

 

Moléstalles que este ano conseguíramos adiantar 15 dias a feira e que vaia a durar 3 meses. Grazas a que preparamos o prego de condicións con meses de antelación. O contrario do ano pasado, cando tomamos posesión o 1 de xuño, nin sequera se contaba coa autorización de Costas.

 

A falta de xestión que nos encontramos ten un único responsable, David Otero. A súa deixadez obrigounos a ter que organizar a feira de presa e correndo e por iso non puido abrir ata o 10 de xullo. Se nós lle deixamos unha herdanza así, coa lentitude que caracteriza a David Otero,  Sanxenxo non ten feira ata agosto.

 

O BNG di que Target, pide diñeiro pola pérgola, sen embargo, hai 2 escritos presentados no rexistro municipal que din o contrario. Se a alguén lle piden máis dos 4.500€ do prego, o ten tan fácil como denuncialo no xulgado. O demais e pura palabrería.

 

Outra iniciativa que irrita ao BNG, e ós seus afíns, é a ampliación da zona azul. A súa argumentación nada ten que ver coa eficacia ou non da medida, máis ben co oportunismo e o feito de que non son os “seus” os que toman a decisión.

 

Porque lo que critican en Sanxenxo, limitar el aparcamento a 90 minutos, cando superamos los 100.000 habitantes, en Pontevedra (80.000 habitantes) lles parece fenomenal, pese a que o límite de aparcar é de 30 minutos e nalgunhas zonas só de 15 minutos.

 

A zona azul demostrou a súa eficacia en centos de cidades e pobos. Que unha poboación de máis de 50.000 habitantes, que non aplique unha medida similar. Aquí eliximos o modelo máis suave, sen coste e con un tempo de aparcamento máis amplo que en outras cidades con menos poboación que Sanxenxo no verán.

 

A rotación multiplica por seis as prazas de aparcamento dispoñible, evita ter que dar voltas para atopar unha praza libre, o que á súa vez repercute positivamente na circulación e a calidade do aire.

 

Quizás o modelo do BNG e afíns é non facer nada e permitir que se ocupen as prazas de aparcamento días enteiros e incluso semanas. Si non é así, Cal é a súa alternativa? Que a digan que temos moito interese en coñecela.

 

0
0
0
s2sdefault