Concello de Sanxenxo - O goberno licita os servizos de verán en Baltar, Montalvo e Major
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Desde Turismo de Sanxenxo publicouse no perfil do contratante, o prego do concurso de servizos de tempada alta nas praias de Baltar, Montalvo e Major.

A duración do contrato nos tres lotes que se sacan a concurso será dun ano, coa posibilidade de dúas prórrogas máis, dun ano cada unha delas. É dicir, para as tempadas de 2019 e 2020.

O lote A corresponde á praia de Baltar, que ten un prezo base de 6.000€ (+ IVA) e un canon e fianza de 2.560€ e 1.600€, respectivamente. Este lote inclúe a instalación dun quiosco, a terraza e unha caseta de almacén.

O Lote B corresponde á praia de Montalvo e ten un prezo base de 18.000€ (+ IVE), cun canon de 6.000€ e unha fianza de 2.700€. Nesta praia instalaranse dous quioscos, con dúas terrazas e casetas de almacenamento, 5 hidropedales e 50 tumbonas.

Finalmente, o lote C correspóndese coa praia do Major, cun prezo base de 4.000€ (+ IVE) e un canon e unha fianza de 2.730€ e 1.350€, respectivamente. Un quiosco, unha terraza, o almacén, 3 hidropedales e 15 tumbonas poden instalarse neste areal.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo ata o vindeiro martes 26 e poderán elixir un só lote ou varias das ofertas.

 

0
0
0
s2sdefault