Concello de Sanxenxo - Mentres o goberno está esforzándose por impulsa a rexeneración da Carabuxeira, o BNG e o PSOE votan en contra
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Onte realizouse un Consello de Nauta que incluía unha proposta do goberno para que o consello delegara na presidencia a xestión da aportación de area á praia da Carabuxeira. O obxectivo da proposta é axilizar a xestión deste asunto, de maneira que non se teña que estar reunindo ao Consello Nauta a cada paso que haxa que dar.

A aportación de area é unha longa demanda dos veciños que se supoñía que é compartida por toda a corporación municipal. Ó goberno gustaríalle facer a aportación da area antes de agosto, aproveitando a recente autorización de Costas. Se estivésemos en febreiro ou marzo non sería necesario delegar na presidencia pois dispoñeríamos dunha maior marxe de tempo.

Ó goberno lle segue sorprendendo, aínda que cada vez menos, que o BNG e o PSOE votaron en contra. Afortunadamente, non tivo maiores consecuencias importantes tiña unha maioría suficiente para aprobar a proposta. Que escusa buscaron esta vez David e Coral? Pois unha moi pouco crible, que como ía firmar un convenio entre as tres administracións para a execución deste proxecto, pero aínda non se asinou, porque votaron en contra.

Na política, como noutras facetas da vida, debemos distinguir o substancial do anecdótico. David e Coral demostraron onte que a súa prioridade non é rexenerar a praia da Carabuxeira, o seu obxectivo é poñer paus na roda do goberno.

 

 

0
0
0
s2sdefault