Concello de Sanxenxo - Sanxenxo ondeará a bandeira da diversidade con motivo do día internacional polos dereitos LGTBI
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

O Concello de Sanxenxo izou esta mañá a bandeira da diversidade para recoñecer 40 anos de loita pola igualdade LGBTI, que recolle o manifesto do día Internacional dos dereitos de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais que cada ano se conmemora o día 28 Xuño como homenaxe ás revoltas de Stonewall nos Estados Unidos.

 

A bandeira ondeará no balcón do Concello ata o luns 2 de xullo para "expresar o compromiso pola inclusión e combater o odio e a discriminación cara este colectivo", di Silvia Freire.

 

O pasado 18 de xuño, a Organización Mundial da Saúde publicou a súa nova edición do Catálogo Internacional de Enfermidades, no que exclúe por primeira vez a transexualidade da clasificación de enfermidades mentais. Sen dúbida un gran avance na loita da defensa deste colectivo.

 

O Xoves ás 12:00. haberá a lectura dun manifesto na entrada do Concello, por Elaxar Lersundi, que pasou en os últimos 25 veráns e sinte esta vila como a súa segunda casa. Elaxar é o pai de Ekai, un neno de tan só 16 anos, que o pasado mes de febreiro decidiu poñer fin á súa vida mentres esperaba recibir tratamento hormonal.

 

"No noso municipio temos casos de menores que se sentiron discriminados nalgún momento das súas vidas e queremos que Sanxenxo sexa para todo o colectivo LGBTI, un espazo seguro no que poidan vivir en liberdade e se respecte a diversidade." apuntaba Silvia Freire, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade.

 

0
0
0
s2sdefault