Concello de Sanxenxo - O Concello rehabilita un lavadoiro en Nantes e outro en Noalla
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Debido ao estado de deterioro dos lavadoiros de A Ferreira, en Nantes e de A Igrexa, en Noalla, o goberno local está acometendo unha actuación de conservación e mantemento, para mellorar tanto as condicións estéticas como a súa funcionalidade. Así como tamén a seguridade á hora de empregar estes lavadoiros, recuperando o seu carácter orixinal.

 

Xa que estes lavadoiros forman parte dos bens que integran o patrimonio etnolóxico e co fin de preservar o patrimonio cultura, as actuacións a realizar serán harmoniosas e coherentes cos valores xerais do entorno. Coidando en todo momento a integración dos materiais, sistemas construtivos, tipoloxía e cromatismo.

 

Para a restauración do lavadoiro de Nantes, levaranse a cabo os seguintes traballos.

 

  • Limpeza e desbroce.

  • Limpeza da pedra con auga a presión.

  • Picado e rexuntado de xuntas.

  • Hidrofugado da fonte e lavadoiro e pintado exterior.

  • Desmontaxe da cuberta existente para colocar tella cerámica no seu lugar.

  • Reparación do saneamento.

 

A actuación no lavadoiro de Noalla consistirá en:

 

  • Limpeza e desbroce, do lavadoiro, do acceso e do entorno.

  • Limpeza da pedra e hidrofugado de muros.

  • Picado e rexuntado de xuntas.

  • Reparación do caño para corrixir a saída da auga e conexión á rede de saneamento existente.

  • Por último, reparacións en solados e muros.

 

Estas dúas actuacións terán un presuposto aproximado de 10.000€, que serán financiados á través da liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural da Deputación de Pontevedra.

 

0
0
0
s2sdefault