Concello de Sanxenxo - Case 100.000€ para a renovación completa do pavimento do núcleo de Bordóns
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Esta semana adxudicouse a pavimentación do núcleo de Bordóns, cun orzamento que ascende a 99.900€, financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. 

 

O pavimento actual que vertebra a zona central do núcleo de Bordóns, atópase co firme nun estado de considerable deterioro, coa súa capa de rodaxe agretada e con importantes fochancas e roturas nese pavimento. Isto é debido, maioritariamente, á súa antigüidade, pero tamén é unha consecuencia das obras de instalación dos servizos urbanos e do tránsito diario que soporta.

 

As obras consisten en pequenas demolicións e traballos previos para a instalación de canalizacións de recollida de augas pluviais, a execución dos firmes e pavimentos, dotándoos dunha capa de zahorra e soleira de formigón. E, finalmente, a pavimentación e o realce de tapas e a instalación da iluminación e a sinalización vertical. 

 

Para a súa execución establécese un prazo de 3 meses. 4 semanas para o replanteo, demolicións e traballos previos, 3 semanas para a instalación de recollida de augas pluviais, 5 semanas para a pavimentación dos firmes e unha semana máis para os traballos de remate e limpeza. Acordouse coa empresa adxudicataria, COVSA, que as obras comecen despois do verán, para non prexudicar a actividade turística da zona.

 

A zona de actuación esténdese ao longo de 900m e para a súa execución foi necesario obter autorizacións de Augas de Galicia, por estar o lugar afectado polas canles de rego de Bordóns, da Deputación de Pontevedra, polo seu entroncamento coa EP-92002 e da Consellería de Cultura e Educación, por atoparse nunha zona protexida do patrimonio arqueolóxico e etnográfico da Igrexa Parroquial de San Pedro de Bordóns, o cruceiro de Palma e a Casa Reitoral.

 

0
0
0
s2sdefault