Concello de Sanxenxo - Historias da maletra, este xoves na Praza dos Barcos
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Este xoves día 12, na Praza dos Barcos, terá lugar un espectáculo de Teatro infantil a cargo de Raquel Queizás. Será ás 19.00h.

Esta actividade, organizada pola Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Sanxenxo, en colaboración con Gadis, achegaranos ao mundo das letras.

“A 'O' está escondida detrás da ' Q', as ' R' están a rirse e rindo coas 'I' mentres a ' C' e a ' G' axudan á ' H' a facer barullo...

Todas as letras xuntiñas viaxan e xogan dentro da Maleta. E cando se abre para coller as cousas, todas as letras saen para fora bailando e formando palabras que xogan á roda e contan fermosas historias.

Historias que levan moito tempo andando polo mundo, na fala da xente, de soño en soño.”

Este espectáculo forma parte da programación de verán que as concellerías de Cultura e Festas deron a coñecer este fin de semana. Unha programación composta por máis de 100 actividades para pequenos e maiores.

 

 

0
0
0
s2sdefault