Concello de Sanxenxo - O semáforo das Salinas regularase para evitar as retencións de vehículos na medida do posible
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Despois de analizar o funcionamento do semáforo instalado no paso de As Salinas o primeiro fin de semana da tempada alta, cando se produciu a maior afluencia de vehículos e peóns desde a súa instalación, chegouse á conclusión de que hai que facer unha nova regulación que mellore o tráfico dos vehículos. Para iso os técnicos encargados do mesmo desprazáronse esta mañá ao lugar para decidir cal sería a mellor opción de funcionamento.

Ata o momento, cada vez que un peón pulsaba o botón do semáforo, este poñíase en vermello para os vehículos e en verde para os transeúntes, que tiñan un tempo de 15 segundos para cruzar.

 

A partir de agora, o semáforo (que de forma habitual está en ámbar intermitente) poñerase e permanecerá en verde para os peóns durante 12 segundos e, aínda que se volva a pulsar, non volverá permitir o paso de peóns ata pasados 2 minutos (o máximo legal permitido). Ademais, pasados eses dous minutos, cando alguén pulse o botón haberá un tempo de espera de 5 segundos, ata que se produza o cambio de cor.

 

É dicir, agora xa non se poñerá en vermello para os vehículos cada vez que alguén presione o pulsador, senón que terá un tempo de espera de 2 minutos.

 

A empresa encargada da modificación, espera telo listo entre mañá mércores ou xoves.

Este semáforo foi instalado o pasado mes de novembro, para solventar unha demanda histórica de mellora da seguridade viaria, para conectar a zona da Lanzada cos núcleos da Revolta, Fonte de Ons e Tombelo.

 

Para garantir a seguridade, tamén se prolongou o illote existente, para que os vehículos reduzan a velocidade neste tramo e estreitáronse os carrís de circulación.

O obxectivo desta nova regulación no funcionamento do semáforo, é garantir a seguridade e a convivencia da afluencia de veciños e visitantes que utilizan o paso de As Salinas e dos máis de 10.000 vehículos que circulan diariamente por esta vía.

 

 

0
0
0
s2sdefault