Concello de Sanxenxo - Comezou a pavimentación e reparación de varios viales do Municipio
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Despois do proceso de licitación da pavimentación e reparación de varios viales no termo municipal, o goberno adxudicou á empresa MARCONSA a execución da devandita actuación, cun orzamento que ascende a 104.900€, financiados con cargo ao Plan Concellos 2017.

O proxecto inclúe a pavimentación e reparación dos seguintes viales e camiños, que suman 1,5km:

 

         Rúa Vento, en Sanxenxo.

         Rúa dás Cunchas, en Sanxenxo.

         Camiño Recarei- Igrexa, en Dorrón.

         Camiño Major, en Noalla.

         Camiño Lagarei- Arnosa, en Vilalonga. 

         Camiño Salgueira, en Vilalonga

 

 

O primeiro en executarse foi o Camiño Major, en Noalla. E os seguintes en levarse a cabo serán a zona de Recarei- Igrexa, en Dorrón, Lagarei- Arnosa, en Vilalonga e A Salgueira, tamén en Vilalonga. Os dous viales de Sanxenxo, Rúa Vento e Rúa dás Cunchas, serán executados ao terminar a tempada estival para obstaculizar o menos posible aos usuarios da zona.

As actuacións consistirán na limpeza das cunetas e as marxes, fresados localizados e apertura dunha caixa na plataforma para a dotación dunha capa basee (de zahorra ou macadam) e o bacheo para a regularización do firme. A continuación, estenderase unha capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente e a posta das tapas das pozas de rexistro e a sinalización horizontal.

Para poder actuar nestes viales foi necesario solicitar autorizacións a Augas de Galicia, Deputación de Pontevedra, Consellería de Cultura e Educación e Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, por estar algúns dos viales afectados por canles de rega, por ser zonas de servidume e protección, por estar afectados por zonas de protección do patrimonio ou pola zona de mellora ambiental e paisaxística.

 

0
0
0
s2sdefault