Concello de Sanxenxo - Paddle Surf Sanxenxo club organiza unha ruta nocturna de paddle surf na praia de Silgar.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A noite iniciarase ás 21.00 h. cunha sesión de ioga na praia para comezar a velada cuns exercicios de relaxación e desconexión.

Será ás 22.00 h. cando saia a ruta nocturna pola zona balizada da praia, acompañados con luces que iluminarán a praia na escuridade da noite. Ademais, en todo momento profesionais do paddle surf, acompañarán aos participantes para velar pola seguridade da actividade.

Esta ruta é unha travesía para gozar en grupo dunha experiencia nova e pasar unha xornada do máis agradable baixo a lúa.

A inscrición para participar na actividade pódese formalizar a través da páxina que o club ten en Facebook, no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 629.33.74.74. A actividade terá un prezo de 20€ e a organización poñerá a disposición dos asistentes o material necesario a súa realización.

O concelleiro Jesus Sueiro, dá “grazas á dedicación e esforzo destes mozos no seu día a día” e destaca “a importancia de realizar actividades como esta e outras solidarias e innovadoras en Sanxenxo, que nos permitan aproveitar o potencial que temos no noso municipio”.

 

0
0
0
s2sdefault